SanidadeÚltima hora

Os pacientes ingresados por coronavirus soben a 6 no Hospital de Valdeorras

Dos 450 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 386 permanecen a seguemento a domicilio, 61 están ingresados en planta e 3 en UCI, segundo Sanidade

O Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Rompendo a liña de días anteriores, volve subir a cifra de pacientes con COVID-19 ingresados no Hospital Público de Valdeorras. Así, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade, son 6 os hospitalizados en planta no Barco, dous máis que onte.

No caso de Verín, confirmouse esta mañá unha hospitalización e no Hospital Universitario de Ourense hai 55 pacientes ingresados en planta e 2 en UCI (estes de prognóstico grave). Ademais hai un ingreso en UCI no CO.SA.GA, tamén con prognóstico grave.

Dos 450 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 386 permanecen a seguemento a domicilio, 61 están ingresados en planta e 3 en UCI, segundo a Consellería de Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.886, con 1.315 curados e 121 falecementos (residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 16.779 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button