OurenseÚltima hora

Os parques infantís da cidade de Ourense volverán abrirse o luns

A Concellería de Medio Ambiente organizou traballos de desinfección durante toda a fin de semana

 

Coincindo co remate do estado de alarma na comunidade galega, o Concello de Ourense reabrirá o vindeiro luns os parques infantís da cidade. Para a súa apertura a Concellería de Medio Ambiente organizou os traballos de desinfección durante toda a fin de semana, tal e como se informa dende o Concello.

Para o tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, “é o momento de que os nenos volvan a socializar, xogar e gozar dos parques infantís da cidade cumprindo sempre as medidas preventiva”.

Desde a Concellería de Medio Ambiente lémbranse as medidas que se deben tomar para o desfrute nos parques, que segundo dita a Xunta de Galicia, concrétanse no mantemento da distancia social, o uso de xeles viricidas e a hixiene constante como elementos de protección individual.

 

 

Jorge Pumar afirma que a súa concellería leva traballando na apertura dos parques infantís da cidade “varias semanas, cun plan diario de limpeza e desinfección, ademais de que durante toda a pandemia seguiuse traballando nos procesos de mantemento e mellora do inventario de parques”. Como exemplo cita o novo parque de San Antonio ou a remodelación de San Lázaro.

Ademais, o tenente de alcalde destaca o traballo de anticipación realizado, xa que desde a súa concellería xa se están instalando os dispensadores de xel hidroalcohólico nos parques infantís desde hai varias semanas.

Artigos relacionados

Back to top button