OurenseÚltima hora

Os participantes do programa infantil Concilia Verán xúntanse na Praza Maior de Ourense

200 rapaces participaron hoxe, 19 de xullo, nunha xornada de xogos e convivencia

Un total de 200 alumnos e alumnas, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, participaron esta mañá nunha xornada de convivencia e xogos na Praza Maior de Ourense. Pertencen aos catro CEIPs da cidade (CEIP Mestre Vide, CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, CEIP A Ponte, CEIP O Couto) nos que se desenvolve o programa Concilia Verán 2019 da Concellería de Educación.

 

Durante a actividade. Foto: Concello de Ourense.

 

O obxectivo desta actividade é o de equilibrar a vida laboral e familiar das familias da cidade, ao tempo que ser unha fonte de beneficios para a rapazada que forma parte do programa, tanto no eido cultural, social, emocional, como da educación medio ambiental.

A concelleira de Educación, María Teresa Rodríguez, deulles a benvida aos participantes convidándoos a pasar un verán inesquecible en compaña dos rapaces e rapazas que participan nas actividades. Desde as 10:30 horas, os participantes, congregados na Praza, bailaron, xogaron e gozaron das actividades de grupo propostas polos monitores presentes.

Artigos relacionados

Back to top button