CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os participantes no concurso vianés “Relatos dende o Confinamento” recollerán os bonos-agasallo na vindeira semana

Ascenden a un total de 2.000 euros e poderán utilizarse para mercar no comercio vianés, segundo adianta o Concello

O alcalde de Viana, co cartel do concurso, e a concelleira de Cultura./ Foto cedida.

 

Vén de rematar o prazo de presentación de textos e vídeos do programa “Relatos do Confinamento”, convocado polo Concello de Viana do Bolo dentro dos actos das Letras Galegas 2020. “A partir de mañá e durante toda a fin de semana publicaremos na páxina web do Concello de Viana do Bolo os textos e vídeos (estos últimos serán publicados tamén nos perfís en Redes Sociais do Concello), para que todos/as poidamos gozar do talento e creatividade da nosa cativada”, indican dende o Concello.

Ademais, a partir da próxima semana os participantes serán avisados para recoller os seus “bono-agasallo”, que poderán utilizar no comercio vianés e que ascenden a un total de 2.000 euros, segundo informa a administración local.

Dende o Concello de Viana do Bolo amósase o seu agradecemento pola alta participación da rapazada vianesa nesta iniciativa “coa que pretendíamos homenaxear á nosa lingua e ás nosas letras”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button