CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Os participantes no Erasmus+ (KA229) chegan ao Barco de Valdeorras

Alumnos, profesores e acompañantes de institutos de Grecia, Croacia, Rumanía, Polonia e La Martinica, xunto aos do IES Martaguisela eran recibidos polo alcalde

 

Os participantes no programa europeo Erasmus + (KA229), no que está inmerso o IES Martaguisela, xa están no Barco. A comitiva, formada por alumnos, profesores e acompañantes de Grecia, Croacia, Rumanía, Polonia e La Martinica, chagaban onte pola noite e na mañá deste luns 3 de febreiro eran recibidos polo alcalde do Concello do Barco, Alfredo García e pola concelleira de Comercio e Turismo, Irene Dacal.

No acto, celebrado no Salón de Actos do Edificio Multiusos, o alcalde deulles a benvida, explicando os atractivos turísticos, culturais e económicos que ten a vila e a comarca, destacando a lousa ou o viño. De seguido entregábanlles bolsas con recordos do Barco a cada un, desexándolles unha boa e proveitosa estadía en Valdeorras.

 

Rose Deus (centro) é a coordinadora do programa no IES Martaguisela.

 

O IES Martaguisela fai nesta ocasión de anfitrión (os alumnos convivirán coas familias do alumnado do instituto do Barco) na visita que durará ata o día 7. Mañá martes, a comitiva desprazarase ata Santiago de Compostela para visitar a Catedral, especialmente o Pórtico da Gloria (o Martaguisela elabora unha exposición sobre instrumentos musicais do Pórtico elaborados polos alumnos que poderá verse no centro). Entre as actividades propostas tamén está a visita ás Médulas e ao Castelo Templario de Ponferrada. Ademais, o venres exporanse no instituto mostras da cultura galega como traxes rexionais, exhibición de palilleiras, baile de muiñeira e música.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button