OurenseÚltima hora

Os participantes no Intercambio Xuvenil Internacional “Movilízate” colaboran coa protectora municipal de Ourense

Os mozos de Marrocos, España e Romanía realizarán labores de voluntariado este venres pola mañá
Os mozos participantes no intercambio xuvenil.

30 mozos de España, Marrocos e Romanía, están participando no intercambio Xuvenil Internacional “Movilízate”, organizado por Sustinea e financiado polo ERASMUS+ que se está desenvolvendo na cidade de Ourense.

Durante toda esta semana, estiveron colaborado con Afundación de Ourense, DOWN Ourense e Patrulla Callejera-Colonias de Gatos entre outros colectivos sociais e ambientais. Dentro destas actividades, este venres 30 de marzo dende as 11 horas colaborarán coa Protectora Municipal (Progape), cun paseo solidario cos cans que máis o precisen realizando outros labores de voluntariado.

Sustinea é unha entidade non lucrativa de actuación en todo o territorio galego que fixa o desenvolvemento sostible como alternativa á degradación natural e como saída ás necesidades locais. O seu traballo céntrase en 3 ámbitos: conservación da natureza, divulgación e sensibilización e deseño de proxectos de desenvolvemento.

Artigos relacionados

Back to top button