OurenseÚltima hora

Os pasteleiros ourensáns volven elaborar a Galleta Solidaria contra o cancro infantil

Poranse á venda na carpa do Paseo o sábado 7 de marzo dende as 11 da mañá ata as oito da tarde

Acto de presentación da campaña da "galleta solidaria contra o cancro infantil" en Ourense.
Acto de presentación da campaña da “galleta solidaria contra o cancro infantil” en Ourense.

A Asociación provincial de Pasteleiros e Confiteros e a Asociación contra el Cáncer de Ourense (AECC) suman esforzos para recaudar fondos para a loita contra o cancro infantil. Será, de novo, a través da venda da chamada “galleta solidaria” que terá lugar nesta fin de semana na cidade.

Así o sábado 7 de marzo, entre as 11 e as 20 horas, a carpa da Galleta Solidaria estará instalada na rúa do Paseo, fronte á delegación de Defensa. Nela, ademais da venda deste doce, levaranse a cabo obradoiros infantís de maquillaxe ou globoflexia. Tamén haberá visitas moi especiais como a dos xogadores do COB (a partir das 12 da mañá) e a do actor Sergio Pazos (ás 13 horas).

Esta acción, que se organiza por segundo ano consecutivo en Ourense, era presentada o 6 de marzo nun acto que contaba coa participación de Martín Sousa, presidente da Asociación de Pasteleros de Ourense, e de Isidora Gómez, responsable da delegación en Ourense da AECC. Na súa intervención, Sousa apuntaba que xa hai máis de 3.500 galletas co obxectivo de superar a cantidade recaudada no 2014, que foron 3.009 euros. Desta volta teñen sido 15 pastelerías asociadas as que participaron na súa elaboración: Anduriña, Arva, El Couto, Dina, Davite, Milhojas, Miguel, Osi Gourmet e San Yago en Ourense cidade, e outras en distintos puntos da provincia: Antela de Xinzo, Cerviño de Carballiño, Doña Bica e Primavera en Verín, San Diego de Amoeiro e Santa Rita en Arnoia.

Os presidente dos pasteleiros engadía que, a maiores do recoñecemento aos profesionais que traballaron desinteresadamente, é necesario agradecer tamén a colaboración doutras entidades e empresas como Voluntariado do Concello, a CEO e os voluntarios da AECC.

Pola súa banda, Isidora Gómez amosábase agradecida pola sensibilidade deste colectivo para, un ano máis, prestar o seu traballo, tempo e produto para a loita contra esta enfermidade que malia que a súa “incidencia en nenos é menor que en adultos estas aportacións son fundamentais para destinar á investigación”.

Artigos relacionados

Back to top button