CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os peixes de cores do mosaico do Sil cobran vida no Barco

A iniciativa estivo dirixida polo artista Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”

Apenas vinte horas despois de comezar o traballo e a falta dos últimos detalles, o mosaico á beira do río Sil ao seu paso polo Barco de Valderras proposto por “Chere”, xa é unha realidade.

Foi unha das propostas artísticas incluídas no programa das Festas do Cristo 2018, un proxecto creativo aberto a públicos de todas as idades, que o artista Gerardo Rodríguez Ramos puxo en práctica por segunda vez no Barco.

A primeira foi no IES Lauro Olmo hai uns meses e desta volta foi na praia fluvial do Malecón (na zona próxima a Correos) onde, ao longo da fin de semana, se elaboraron catro peixes de gran tamaño (entre outros máis pequenos e outros motivos acuáticos) nun mosaico a base de anacos de cerámica e de vaixelas de Sargadelos.

A iniciativa estivo dirixida por “Chere” pero contou coa colaboración doutros artistas e tamén amigos e veciños en xeral de todas as idades (moitos cativos) que non quixeron perder a oportunidade de deixar a súa impronta neste peculiar mosaico. A idea, tal como explicou no seu momento a concelleira de Cultura Margarida Pizcueta, é que cando o rio baixe crecido e cubra a praia, os peixen cobre vida.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button