CulturaCulturaGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

Os Peliqueiros, de estrea en Laza

O Domingo de Entroido percorreron as rúas lazanas saudando aos fegreses á saída da misa

Despois de varios días de festa, o Entroido chega a un dos momentos clave en Laza, o domingo 7 de febreiro. Ese día moitos aínda sen durmir, percorren as rúas empedradas. O día amanece e ao lonxe comezan a escoitarse os primeiros chocos. Son os Peliqueiros que están de estrea, e seguindo a tridición, dan os bos días a veciños e visitantes percorrendo as rúas co son que envolve o ar.

Xa na praza da Picota, un dos puntos claves do Entroido en Laza, os Peliqueiros exhíbense con elegancia, nunca fila, dúas e ata tres. Os máis pequenos no centro e tamén as mozas vestidas co traxe tradicional galego.

Á saída da misa, amablemente saúdan aos fegreses e dende alí, nunha longa fila diríxense á Cerdeiriña para recoller o carro da bica branca que de volta á Picota, será repartida entre os asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button