ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os pensionistas valdeorreses saen de novo á rúa

A praza do Concello do Barco era escenario no mediodía do 16 de maio dunha nova concentración “en defensa do sistema público de pensións e o emprego”. O acto, no que se coreaban diversas consignas como as “pensións son un dereito, non un negocio”, estaba convocado polo Colectivo de Pensionistas de Valdeorras e por CCOO.

A concentración finalizaba coa lectura dun manifesto no que se criticaba “a enganosa revalorización das pensións acordada interesada e partidistamente entre o Goberno Estatal do Partido Popular (PP) co Partido Nacionalista Vasco (PNV) para aprobar os Orzamentos Xerais do Estado”.

Novamente insistían en que “o sistema público de pensións é viable no futuro mediante un financiamento sostible e suficiente aplicando políticas equitativas de redistribución da riqueza, activando un sistema impositivo progresivo e asegurando condicións de traballo dignas e de calidade en cada centro de traballo”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button
Close