DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os pequenos do C.D. Rúa retan ao mal tempo, no Aguillón

Os alevíns perden contra o Pabellón e os benxamíns vencen ao Verín

Despois dunha mañá chuviosa, a tarde do sábado 9 de decembro presentábase desapacible. Non chovía, pero facía frío no campo de fútbol O Aguillón, da Rúa. Así e todo, os máis pequenos do club de fútbol rues retaron ao mal tempo disputando dous partidos base.

Os alevíns eran os primeiros en xogar. Dende o sexta posición da clasificación os cativos do C.D. Rúa enfrontábanse aos do Pabellón C.F. “B” líder da clasificación que non deu opción aos locais marcando os 5 goles do encontro.

De seguido tocáballe o turno aos máis pequeniñons, os benxamíns que se enfrontaban aos da E.D.C. Verín “B”. Nesta ocasión, malia comezar de forma cautelosa, os cativos do Rúa acababan levándose o partido e os puntos co 2-1 final no marcador. O primeiro gol local, sería obra do Verín en propia meta. Na galería poden verse imaxes deste partido.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button