DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os peregrinos do Bierzo e Valdeorras retan ao mal tempo

Uns 120 camiñantes completaban a VIII etapa do Camiño de Inverno entre Chantada e Río (Rodeiro)

Pasada por auga e cos estragos do temporal ao longo do percorrido. Así completaban, na mañá do 4 de febreiro, a VIII etapa do Camiño de Inverno organizada pola Asociación Camino de Santiago de Invierno por el Bierzo.

En total foron unhas 120 as persoas, do Bierzo e Valdeorras, que comezaban a etapa a pé dende Chantada, completando uns 25 quilómetros ata Río, no concello de Rodeiro. E facíano baixo unha potente chuvia, zarandeados polo vento, sorteando verdadeiros balsas de auga (por onde debería ir o camiño) e mesmo piñeiros derribados polo temporal. Pero unha vez máis, protexidos por paraugas e chuvasqueiros, o bo humor e as ansias por completar o percorrido puderon máis e contra vento e marea, chegaban ao seu destino aínda que o xantar degustaríano unha vez máis en Chantada.

A estas alturas do percorrido, a falta de tres ou como moito catro etapas para chegar a Santiago de Compostela, os peregrinos xa pasaron por tres provincias (León, Ourense, Lugo e Pontevedra) quedándolle A Coruña para as seguintes xornadas. A próxima etapa, con data sen determinar, partirá de Rodeiro.

Fotos: Miguel López

Artigos relacionados

Back to top button