ConcellosGalerías de fotos

Os peregrinos do Bierzo e Valdeorras entran en Galicia na III etapa do Camiño de Inverno

A seguinte etapa, entre O Barco e Montefurado está prevista para o 24 de novembro

Un total de 19 quilómetros, entre Puente de Domingo Flórez e O Barco de Valdeorras. Foron os que completaron os 90 peregrinos que na mañá do 10 de novembro realizaban a III etapa do Camiño de Inverno, deixando terras leonesas e entrando en Galicia pola comarca de Valdeorras.

A saída, coma sempre ás nove da mañá, tiña lugar diante do Hostal Restaurante La Torre e o final de etapa, en torno ás 13h. no bar Xanadú do Barco. E entre medias lugares como Quereño, Pumares, Sobradelo de Valdeorras (con parada no bar Mar) ou Éntoma (con parada na ponte na que uns peregrinos de lousa feitos por Raúl Díaz reciben aos visitantes, e tamén no bar Martillo).

Tamén paraban na praza do Concello do Barco onde a comitiva era recibida polo alcalde Alfredo García, antes de coller rumbo á Adega Roandi (Éntoma), onde degustaron un bo cocido con botelos de ración e viño de Valdeorras.

A seguinte etapa, a IV, será o 24 de novembro. Vintedous quilómetros entre O Barco e Montefurado, unha das máis longas da ruta organizada pola Asociación do Camiño de Santiago de Inverno polo Bierzo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close