ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os peregrinos do Bierzo e Valdeorras son recibidos polo alcalde do Barco

A terceira etapa da ruta, entre Puente de Domingo Flórez e O Barco, tiña lugar na mañá do 10 de novembro

En torno ás 90 persoas, do Bierzo e Valdeorras, completaban na mañá do 10 de novembro, a terceira etapa do Camiño de Inverno organizada pola asociación berciana. O día amanecía tranquilo, case con sol para a saída ás nove da mañá en Puente de Domingo Flórez e chovía na entrada ao final da etapa, no concello do Barco de Valdeorras.

Alí, antes de xantar, a comitiva co presidente da Asociación do Camiño de Inverno a Santiago polo Bierzo, Saturno Astanoa á cabeza, era recibida polo alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García posando co grupo para a foto de familia. Trala recepción, a xornada remataba na Adega Roandi, en Éntoma. E entre medias uns 19 km. de percorrido pasando por lugares como Quereño, Pumares, Sobradelo de Valdeorras (con parada no bar Mar) e Éntoma (con parada no bar Martillo). Antes de pasar polo Concello, no Barco tamén pararon no bar Xanadú.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button