ConcellosÚltima hora

Os peregrinos xaponeses chegan a Compostela tras completar o “Camiño de Inverno”

Nove días despois do seu paso por Valdeorras, a delegación de peregrinos xaponeses que seguía a ruta xacobea do “Camiño de Inverno” vén de chegar a Santiago de Compostela. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, xunto a unha representación de alcaldes e concelleiros de varias das localidades polas que atravesa o Camiño de Inverno, entre elas A Rúa e Quiroga, recibíaos o 8 de xuño.

A delegación estivo formada, entre outros, polo secretario do Consulado Honorario de España en Takamatsu, Yoshihiko Takaki, así como por membros da Asociación de Yokohama e España, que coñeceron durante os últimos días o patrimonio cultural, enogastronómico e natural do Camiño de Inverno, unha das rutas xacobeas oficializadas tras a aprobación da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia en 2016 .

 

 

Artigos relacionados

Back to top button