En portadaÚltima hora

Os permisos para facer queimas poderán volver a solicitarse a partir do luns 7 de outubro

Deste xeito o 9 de outubro será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

 

A partires de mañá luns 7 de outubro a Consellería do Medio Rural permitirá de novo tramitar permisos para facer queimas “de acordo coa normativa de aplicación, debido a que as condicións meteorolóxicas así o permiten”, segundo a Administración autonómica. Isto significa que o 9 de outubro será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

Polo tanto, a partir de mañá ás 00.00 h. poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web do Medio Rural dacordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Deste xeito as persoas que queiran proceder á queima de “restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas”, matizan dende Medio Rural.

 Pódese ampliar información en: http://mediorural.xunta.gal/areas/forestal/queimas/

 

Artigos relacionados

Back to top button