DeportesÚltima hora

Os pescadores prepáranse para a tempada que comezará o vindeiro 15 de marzo

A Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras celebrou no Barco a súa asemblea xeral

 

O vindeiro domingo 15 de marzo comeza a tempada de pesca que se estenderá, con carácter xeral, ata o 31 de xullo, e os pescadores xa se están poñendo a punto.

Na mañá deste sábado día 7 de marzo, o Club de Pesca Deportiva Spinning Valdeorras organizaba unha xuntanza para recoller plásticos no río Sil ao seu paso polo Barco e Vilamartín; e na mañá de hoxe, 8 de marzo, a Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras celebraba a súa semblea xeral á que asistían unha decena de persoas.

Entre os temas tratados na xuntanza figuraba o calendario de competición, con varias probas programadas este ano no Encoro de San Martiño, na Rúa. A primeira será o social previsto para os días 7 e 21 de xuño. Tamén celebrarán o autonómico de auga doce (1º día o 5 de xullo e 2º o 30 de agosto) e o Memorial Jesús Carballo o día 23 de agosto.

Dende a directiva da SPFV animan aos socios a participar nas competicións “porque é a única forma de aprender realmente”, dixo Raúl Álvarez. Polo pronto xa hai algún interesado nos campionatos de salmónidos lance.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button
Close