OurenseÚltima hora

Os pinchos de outono de Ourense pechan con bo sabor de boca

Último día do concurso de Sabores de Ourense “Pinchos de outono”. Hoxe, 12 de novembro, péchase o ciclo desta cita que chama aos ourensáns a gozar dos sabores desta estación do ano. Como xa é habitual, a cidade encheuse cada noite de comensais que queren gozar desta grande oferta de receitas con cogomelos, castañas ou mel.

Segundo comentaban algúns dos comensais, durante todo este tempo de concurso probaron unha media de vinte pinchos e aseguraron que concursos como este son un bo xeito de reunirse en torno a unha mesa para gozar da gastronomía. Foi moi común ver estes días polas rúas da capital a xente cos pequenos mapiñas buscando os locais que facían os pinchos que máis lle atraían á vista do catálogo.

Nas súas mans está agora saber cal é o mellor pincho do outono da capital. Aínda que tamén haberá un xurado profesional que outorgue outro premio, sumado ao premio ao mellor pincho sen glute, outorgado pola Asociación Galega de Celíacos.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button