ConcellosÚltima horaVídeos

Os plausos das oito da tarde, na Rúa

É unha homenaxe da poboación a sanitarios, forzas de seguridade e todos os que loitan contra o Covid-19

 

Como cada día dende que comezou o confinamento, hai xa vinte días, na tarde deste xoves 2 de abril, a poboación das distintas localidades de toda España saíron ás fiestras, balcóns e terrazas das súas casas para compartir durante un minuto, un sonoro aplauso.

É a cita das oito da tarde, na que se rinde homenaxe e se agradece o labor que están levando a cabo sanitarios, corpos e forzas de seguridade, transportistas,… e todo aquel que está loitando día e noite contra o Covid-19.

Na Rúa non fallan e unha tarde máis escoitáronse os aplausos, acompañados polas sereas de ambulancias, Protección Civil e Garda Civil. Hoxe ademais, escoitábase ao lonxe a versión 2020 do tema Resistiré, grabado por 50 artistas nacionais que uniron a súa voz e a súa música no que xa é todo un himno.

 

Artigos relacionados

Back to top button