CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os poetas danse cita no XXXI encontro, na Rúa

A xuntanza poética celébrase esta fin de semana no salón de actos do Colexio Nª Sra. de Fátima

Coa homenaxe á figura e á poesía de Glorias Fuertes, o Encontro de Poetas do IEV celebra na Rúa a súa 31ª edición.

En torno a 30 poetas danse cita no acto cultural celebrado no salón de actos do colexio Virxe de Fátima, con moitas caras coñecidas. O econtro comezaba na tarde do venres 30 de xuño cos poemas de quince líricos, entre eles os de Mª Emma Fernández da Rúa que recitou os seus “versos encendidos”; José Manuel Fernández Vidal de Petín; ou Asunción Arias “Sulma”, tamén da Rúa.

A xuntanza continúa hoxe a partires das oito e media da tarde co recital doutros tantos poetas, entre eles os organizadores, Mª Carmen Gago Florenti e Emilio Vega, coa posterior cea de confraternización por xentileza do Concello da Rúa.

O apartado musical desta edición do encontro corre por conta da cantante Edith Fernández de Ponferrada que cantou a capela na primeira xornada, e do grupo Amancay do que forma parte a propia Mª Carmen Gago, que actuará hoxe, sábado 1 de xullo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button