CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Os poetas inauguran a segunda edición do Silfest, no Barco

O I Poetry Slam Silfest abría o programa do festival multicultural á beira do río Sil

Cos versos de “Folión de vran” do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán (FDG), en boca de Fátima Delgado, arrancaba na tarde-noite do 19 de agosto o Poetry Slam Silfest, a primeira edición dunha batalla de poetas que abría o Silfest 2016 á beira do río Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras.

Catro foron os poetas que participaron nesta edición: Torfi, Diana Ramos, Xavier Castiñeira e Carlos Aira, contando asemade cunha convidada de excepción, Esther Carrodeguas.

Tralo apartado poético no que reivindicaron a figura de FDG para o Día das Letras Galegas, o festival continúa con cinema, música e gastronomía ao longo de toda a fin de semana.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button