PolíticaÚltima hora

Os populares fan balance da xestión da Xunta na área de Ourense

Subliñaron a importancia de proxectos como a ampliación do CHOU,o Campus Termal ou a autovía a Celanova
Tellado, Santalices e Romero fan balance da xestión da Xunta en Ourense.
Membros do PPdeG en Ourense, esta mañá.

Membros do PPdeG achegáronse durante a xornada de hoxe até Ourense para facer balance da xestión do goberno de Feijóo na provincia. Deste xeito, o secretario xeral do partido, Miguel Tellado, e os deputados Miguel Santalices e Cristina Romero, ofreceron unha rolda de prensa na que subliñarona importancia de proxectos como a ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU), o Campus Termal ou a autovía a Celanova.

“Mentres a oposición vai cada día a peor, Galicia vai a mellor”, declarou Tellado, quen tamén cargou contra as Mareas e o proceso de “primarias de paripé” no que están inmersas. “Rematan antes de empezar posto que a cúpula impuxo un candidato fabricado por eles mesmos”, dixo, e ironizou con que a presunta “campaña electoral” das primarias se produza de xeito “exprés”, en tres días e “na ponte de agosto”.

Artigos relacionados

Back to top button