PolíticaÚltima hora

Os populares ourensáns elixirán a 307 compromisarios para o XVIII Congreso extraordinario do PPdeG

O órgano de dirección aprobou hoxe o reparto entre as 92 xuntas locais. A delegación de Ourense completarase con dous representantes máis de Novas Xeracións e 42 compromisarios natos

 

O Comité Executivo do Partido Popular de Ourense aprobaba hoxe o reparto dos 307 compromisarios que, en representación das 92 xuntas locais da formación na provincia, participarán no XVIII Congreso Extraordinario do PPdeG, que se celebrará no recinto feiral de Pontevedra os días 21 e 22 de maio. Unha delegación á que se engadirán dous membros da organización xuvenil Novas Xeracións e 42 compromisarios natos.

O PP de Ourense inicia así o proceso congresual conforme ao que sinala o regulamento do conclave extraordinario, que establece como competencia de cada un dos comités executivos provinciais a distribución dos compromisarios asignados ao seu territorio.

“O partido de Ourense xa vai en alta velocidade cara un novo congreso”, apuntou o presidente provincial, Manuel Baltar, que subliñou “o proceso modélico, áxil e exemplar que os populares vimos de poñer en marcha para a sucesión á fronte da formación en Galicia”.

No reparto dos 307 compromisarios ourensáns que participarán no congreso, o maior número de representantes corresponderá ás xuntas locais da comarca de Ourense, con 75 persoas, seguida das agrupacións correspondentes á zona de Verín-Viana máis A Limia, con 43 cada unha. En Terras de Celanova elixiranse a 31 representantes; na área do Carballiño 29; no Barco de Valdeorras 24; no Ribeiro 23; no caso de Terras de Caldelas e de Trives serán 15; e as agrupacións das comarcas de Maceda e da Baixa Limia escollerán cada unha a 12 compromisarios. Os dous representantes de Novas Xeracións serán elixidos entre os membros da propia organización xuvenil.

Artigos relacionados

Back to top button