A RúaConcellosÚltima hora

Os positivos de Covid-19 na Rúa ascenden a 23

Son cinco máis que na última actualización o que sitúa ao concello no nivel 2 de alerta no mapa epidemiolóxico

Praza do Concello da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Seguen subindo os positivos de Covid-19 no municipio da Rúa, “proba de que non debemos relaxarnos”, aseguran dende o Concello que veñen de confirma un aumento significativo en menos dunha semana, segundo os datos facilitados dende o Sergas. “A día de hoxe, luns 9 de novembro, o número de casos activos é de 23 aínda que o número poderá oscilar, xa que se está facendo o seguemento dos contactos estreitos nos vindeiros días”, puntualizan dende o ente local.

“Estamos a disposición dos afectados para axudar en todo o que poidamos”, aseguran dende o Concello, lembrando que “toda a información que se lles facilite aos rastreadores é moi importante para controlar os focos e que a situación non derive en restriccións especiais no noso municipio”.
Co actual número de contaxios, cinco máis que na última actualización, o Concello da Rúa sitúase no nivel 2 de alerta (cor laranxa), no mapa epidemiolóxico elaborado pola Consellería de Sanidade, con entre 14 e 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días.

Artigos relacionados

Back to top button