ConcellosÚltima hora

Os positivos de Covid en centros educativos de Valdeorras soben a 9

 

Novo incremento de positivos nos centros educativos de Valdeorras. Segundo os datos do listado emitido pola Xunta neste 23 de xaneiro son un total de 9, fronte aos 7 de onte.

Entran no listado o CPI Tomás Terrón Mendaña de Carballeda de Valdeorras con 1 positivo e o IES Cosme López da Rúa con 1 positivo. No caso do Barco, repítense as cifras de onte: o CEIP Condesa Fenosa ten 1 positivo, o Colexio Divina Pastora 1 positivo, mentres que o IES Lauro Olmo rexistra 3 positivos e o CEIP Julio Gurriarán 1 positivo. Neste último caso dende o centro matizaban que se “trata dunha mestra substituta que deixou o colexio o 22 de decembro. Contaxiouse no período de Nadal polo que xa non formaba parte deste colexio que actualmente non ten ningún positivo”.

Ademais o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín continúa cun 1 positivo.

Por outra banda, o IES Carlos Casares de Viana segue con 1 positivo e a gardería de Trives con outro positivo (unha traballadora) e co centro pechado.

No conxunto da provincia de Ourense o listado recolle un total de 307 positivos, 11 centros educativos pechados e 2 aulas pechadas.

8 positivos nos centros da comarca de Quiroga, 4 máis que onte

No caso da veciña comarca de Quiroga, tamén soben os casos. O IES Quiroga rexistra 3 positivos (1 máis que onte) e o CEIP de Quiroga 3 positivos (2 máis que onte), ademais o CEIP San Clodio de Ribas de Sil rexistra 2 positivos (1 máis que onte).

Artigos relacionados

Back to top button