SanidadeÚltima hora

Os positivos por coronavirus en Galicia ascenden a 1.170, 142 deles na área de Ourense

Polo de agora, en Galicia rexistráronse 19 altas de pacientes e 19 falecementos. O último falecido era un varón de 81 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti, e que tiña patoloxías previas

 

Continúa a medrar o dato de casos positivos por coronavirus na comunidade galega. Segundo a última actualización que vén de facer púbilca a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, son xa 1.170 os positivos rexistrados en Galicia, deles 298 son da área da Coruña, 62 da de Lugo, 142 da de Ourense (por agora non se facilitaron datos desglosados por hospitais), 164 da de Pontevedra, 278 da área de Vigo, 189 da de Santiago, e 37 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 46 permanecen en UCI, 270 están en unidades de hospitalización e 854 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 19 altas de pacientes e 19 falecementos. O último falecido era un varón de 81 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti, e que tiña patoloxías previas.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Ademais o Sergas conta cunha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

 Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Artigos relacionados

Back to top button
Close