SanidadeÚltima hora

Os positivos por coronavirus en Galicia ascenden a 3.758, dos que 520 están na área de Ourense

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O número de casos de coronavirus en Galicia elévase a 3.758, segundo a última actualización de datos feita pública pola Dirección Xeral de Saúde Pública. Deles, 817 son da área sanitaria da Coruña, 371 da de Lugo, 520 da de Ourense (o que supón 41 máis que onte), 366 da de Pontevedra, 928 da área de Vigo, 547 da de Santiago e 209 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 147 permanecen en UCI, 822 están en unidades de hospitalización e 2.789 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 187 altas de pacientes e 94 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 17.276.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close