SanidadeÚltima hora

Os positivos por coronavirus en Galicia elévanse a 567, dos que 63 son da área de Ourense

Polo de agora, nesta comunidade rexistráronse 5 altas de pacientes e 6 falecementos, o último un home de 89 anos no Hospital de Monforte

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

 

Na última actualización de datos de casos de coronavirus en Galicia cífranse en 567 o total de positivo, deles 152 son da área da Coruña, 46 da de Lugo, 63 da de Ourense, 83 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 94 da de Santiago, e 21 da de Ferrol, tal e como informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 137 están en unidades de hospitalización e 411 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 5 altas de pacientes e 6 falecementos. O último falecido foi un varón de 89 anos, con múltiples patoloxías complexas previas, que estaba ingresado no Hospital de Monforte.

Dende Sanidade lembran que a relación de casos positivos correspóndense cos casos activos do día anterior ás 18.00 h., que é cando todos os centros realizan o punto de corte.

 

Artigos relacionados

Back to top button