PolíticaÚltima hora

Os PP de Ourense aproba o calendario de xuntanzas para preparar as locais do 2019

Manuel Baltar, Ethel Vázquez e Rosendo Fernández.

O Partido Popular de Ourense aprobou o calendario de reunións que se levarán a cabo nas xuntas locais do partido cara a preparar as eleccións municipais de 2019. Na reunión da Xunta Directiva Provincial, celebrada esta tarde na sede dos populares ourensáns, presidida polo presidente provincial do PPOU, Manuel Baltar, o titular da formación popular destacou “a previsilibidade e planificación, como ámbitos básicos para seguir crecendo como partido na provincia, manter un contacto permanente, e acadar de novo a confianza maioritaria dos ourensáns nos comicios de 2019”.

Baltar dixo que un partido como PP de Ourense, que traballa os 365 días do ano, “reflicte o interese diario polos cidadáns, por pulsar cada día as súas opinións e coñecer as necesidades de cada pobo e cada bisbarra”. “Non hai ningunha outra formación política que se achegue a este grao de compromiso permanente coas veciñas e veciñas da nosa provincia e a esta interacción constante. Só así se gaña a súa confianza, a cal temos que renovar día a día, o que supón tamén renovar a nosa responsabilidade como políticos diante deles”.

Na reunión do máximo órgano entre congresos do populares ourensáns participou hoxe Ethel Vázquez, integrante da Xunta Directiva do PPdeG, quen analizou a situación do transporte metropolitano.

 

Artigos relacionados

Back to top button