EconomíaEconomíaÚltima hora

Os praceiros barquenses reciben un estudo para mellorar os seus negocios

Este “Diagnóstico no punto de venda” foi realizado a través da Cámara de Comercio e Industria

No marco de Plan de Apoio á Competitividade do Comercio, a Cámara de Comercio de Ourense vén de entregar a sete praceiros da Praza de Abastos do Barco un “diagnóstico no punto de venda” de cada un dos seus postos. Nel reúnense as conclusións dun estudo do seu negocio que se lles realizou no pasado ano 2015, así como unha serie de recomendacións para mellorar.

“En xeral as medidas de cada un dos estudos son bastante similares, e inciden na mellora de exposición do produto, así como en aumentar a disponibilidade e o número da mercadoría á venda”, explicaba xusto antes do acto de entrega a secretaria xeral da Cámara de Comercio de Ourense, Victoria Rois.

O acto de entrega, no que tamén participaba a concelleira de Comercio barquense, Irene Dacal, tiña lugar no salón de actos do edificio multiusos da vila. O obxectivo deste estudo é “mellorar a pequena e mediana empresa (Peme), neste caso centrámonos na praza de abastos porque o Concello do Barco tiña un especial interese nela, pero nos anos 2013 e 2014 analizáronse outros establecementos doutros sectores da provincia”. Este proxecto que a Cámara de Comercio renova ano a ano, está cofinanciado pola Secretaría de Estado de Comercio e por Fondos Feder.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button