OurenseÚltima hora

O mercado municipal reivindica a necesidade dunha renovación comercial

A Praza de Abastos nº1 celebra o Día do Praceiro facendo gala de forza común
Foto de familia dos praceiros ás portas do mercado municipal.
Foto de familia dos praceiros ás portas do mercado municipal.

A Praza de Abastos nº1 de Ourense, tamén coñecida coma o mercado municipal, celebrou hoxe o Día do Praceiro facendo gala de forza común e reivindicando a necesidade da renovación comercial das instalacións para buscar a revitalización.

Cunha imaxe de grupo, o colectivo de comerciantes e industriais desta praza quixeron facer causa común lembrando que os seus negocios precisan “dunha coidada renovación comercial que revitalice as súas vendas”. Este colectivo aronta a recta final do mercado de abastos tal e como se coñeceu nos últimos 80 anos, posto que o goberno local vén de dar un paso máis no traslado dos praceiros para proceder a reformar o antigo edificio.

Un grupo de alumnos do colexio Luis Vives visitou o mercado esta mañá.
Un grupo de alumnos do colexio Luis Vives visitou as instalacións esta mañá.

Ademais, a xornada foi especialmente intensa, pois as florsitarías obsequiaron con flores e plantas aos consumidores que se achegaron até o mercado, e un grupo de alumnos de Educación Primaria do Colexio Luis Vives fixo unha visita ás instalacións.

Estas últimas foron actividades enmarcadas dentro do programa  ‘Quere o teu mercado’, que en días anteriores tamén celebrou o Día das Queixerías ou o Día da Ternera Galega. Na xornada de mañá, 25 de maio, será a quenda da promoción pola defensa do sector lácteo. A programación esténdese até finais de mes.

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button