En portadaGalerías de fotosÚltima horaXIX Feira do Viño de Valdeorras

Os premios completan unha XIX Feira do Viño de Valdeorras cunha elevada asistencia

Na tarde do 17 de xullo entregábanse os galardóns da cata oficial e da cata con xurado popular do certame

Récord de asistencia. A falta do balance final, que a organización fará público o luns 18 de xullo, xa se confirma que a XIX Feira do Viño de Valdeorras bate récords de asistencia con respecto ás edicións anteriores. Así superáronse os 6.000 visitantes do pasado ano, no que tamén se celebraba na praza de Viloira (O Barco), tendo en conta ademais o notable incremento de participación que xa se rexistraba nesa edición do 2015.

Especialmente multitudinaria resultaba a xornada do sábado, na que os visitantes, ademais de degustar os viños das 17 adegas da mostra contaban con actividades complementarias como a música de charangas e concertos, así como coa novidosa cata con xurado popular. Os premios desta I Cata con xurado popular e os da cata oficial da feira dábanse a coñecer e entregábanse ás nove da noite do domingo 17 de xullo. No acto participaban o presidenco do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Francisco García, e o vicepresidente terceiro deste órgano, Evaristo García, xunto co alcalde do Barco, Alfredo García.

Comezábase cos galardóns que decidía o público: un total de seis. Nos brancos recibía o diploma do primeiro premio D’Berna (Guitián y Blanco, S.C., de Córgomo), o segundo premio era para Viña Abad (Cooperativa Xesús Nazareno do Barco) e o terceiro para Viña Corzo godello (Adega Manuel Corzo Rodríguez, do Bolo). No caso dos tintos, o xurado popular outorgaba a mellor puntuación a Bancales Barrica 2013 (da Adega Roandi de Éntoma), o segundo premio recaía en D’Berna mencía (Guitián y Blanco, S.C.) e o terceiro no Menciño (da cooperativa do Barco).

De seguido, procedíase á entrega dos galardóns da XVII Cata Oficial da XIX Feira do Viño de Valdeorras, que por primeira vez nesta edición estaba aberta a adegas non asistentes á feira. O panel de cata elixía como mellor branco o Viña Abad (da cooperativa barquense), mentres que en segundo lugar quedaba D’Berna e no terceiro posto o Viñaredo da adega Santa Santa Marta de Córgomo (que non contaba con stand na feira).

No capítulo de tintos o primeiro premio recibíao o Alán de Val da adega ruesa Alán SAT (que non contaba con expositor na feira), o segungo a Garnacha Vella da Chaira do Ramiriño da adega petinesa Sampayolo SL e o terceiro o Quinta da Peza (da adega ruesa do mesmo nome). Asemade na categoría de viños doutras añadas recibía a mención especial o Viñaredo barrica do 2012 da adega Santa Marta.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis fotos:
https://osil.info/entre-premios-e-brindes-no-broche-da-xix-feira-vino-de-valdeorras/
https://osil.info/multitudinaria-xornada-sabado-na-xix-feira-vino-de-valdeorras/
https://osil.info/o-son-tradicional-de-pandega-na-xix-feira-vino-de-valdeorras/

Artigos relacionados

Back to top button