EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os premios galegos do viño

Entrega dos galardóns da XXIV Cata dos Viños de Galicia, na que o mellor tinto da comunidade foi un caldo da D.O. Monterrei
Os premiados desta edición da Cata de Galicia.
Os premiados desta edición da Cata de Galicia.

O Hostal dos Reis Católicos de Santiago acollía o 3 de xullo o acto de entrega dos galardóns da XXIV Cata dos Viños de Galicia. Nela desvélanse os mellores viños de Galicia desta edición, recoñecemento que en tintos foi para Crego e Monaguillo da Denominación de Orixe Monterrei e brancos para Quinta de Couselo Rosal da D.O. Rías Baixas.

Nas distincións por D.O. no caso de Valdeorras o primeiro posto e acio de ouro foi para Godeval Godello, o segundo (acio de prata) para Quinta da Peza ouro mencía barrica e o terceiro posto e acio de bronce para A Coroa Godello. Asemade conseguían o terceiro, cuarto e quinto posto e diploma, respectivamente: Viñaredo godello (Santa Marta), Bioca godello selección e Medulio mencía.

No Ribeiro os galardóns deste ano foron os seguintes: 1º posto e acio de ouro para Viña Farnadas Treixadura, segundo posto e acio de prata para Ramón do Casar treixadura, terceiro posto e acio de bronce para Beade Primacía treixadura, cuarto posto e diploma para Ramón do Casar treixadura-albariño-godello, quinto posto e diploma para Terra Minei e sexto posto e diploma para Terra do Castelo Sensación.

Ademais da distinción ao mellor tinto de Galicia, Monterrei colleitaba outros seis premios: primeiro posto e acio de ouro para Quinta das Tapias treixadura, segundo posto e acio de prata para Quinta do Buble godello, terceiro posto e acio de bronce para Crego e Monaguillo godello, cuarto posto e diploma para Gargalo godello, quinto posto e diploma para Terras do Cigarrón godello e sexto posto e diploma para Alma de Blanco godello.

Ademais na D.O. Ribeira Sacra conseguíanse os seguintes recoñecementos: primeiro posto e acio de ouro para San Mamed mencía, segundo posto e acio de prata para Regina Viarum mencía, terceiro posto e acio de bronce para Peza do Rei, cuarto posto e diploma para As Glorias, quinto posto e diploma para Casa Moreiras mencía, e sexto posto e diploma para Viña Vella godello-albariño-treixadura.

Ademais, o acio de ouro no apartado de colleiteiro e pequenas adegas correspondeulle en brancos a Vía Arxéntea treixadura godello da D.O. Monterrei e en tintos a Sollío da D.O. Ribeira Sacra.

Este acto de entrega contaba coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen lembrou que hoxe en día os viños galegos son coñecidos en todo o mundo, converténdose nos “mellores embaixadores” de Galicia e, nesta liña, apuntou que “o futuro do sector pasa pola internacionalización” e a apertura cara a novos mercados.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button