EconomíaEconomíaÚltima hora

Os primeiros pagos das axudas de emerxencia social da Deputación faranse a vindeira semana

O obxectivo deste programa é "axudar economicamente ás persoas residentes en municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia", entre eles os das comarcas de Valdeorras, Trives e Viana

Sinatura do Convenio ComerciOU entre a Deputación Ourense asinado polo seu Presidente Manuel Baltar, e pola outra banda Rubén Saavedra en representación de Abanca.

 

Co obxectivo de “axudar economicamente ás persoas residentes en municipios de menos de 20.000 habitantes dea provincia que se encuentren en situación de vulnerabilidade económica derivada ou acentuada polo estado de alarma”, entres eles os das comarcas de Valdeorras, Terras de Trives e Viana, nacía o Programa BenOurense ComerciOU. E na mañá deste sábado 23 de maio, no marco desa iniciativa, o presidente da Deputación Manuel Baltar, e o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, asinaban un convenio de colaboración para “instrumentalizar os pagos mensuais a través de tarxetas bancarias para utilizar no comercio de proximidade para gastos de emerxencia”.

As bases do Programa ComerciOU de Axudas de Emerxencia Social eran publicadas o 28 de abril no Boletín Oficial da Provincia e, dende o 29 de abril, está aberto o prazo de solicitudes que se tramitan a través dos servizos sociais municipais, unicamente cun informe de necesidade emitido polo traballador social. Tal como explican dende a Deputación, transcorridos 14 días hábiles desde o inicio de presentación de solicitudes, “tramitáronse dende os servizos sociais municipais de toda a provincia 1.357 entrevistas individuais a persoas vulnerables cos seus correspondentes informes de emerxencia”. Das solicitudes presentadas, 362 expedientes xa foron resoltos de deles, 277 aprobados.

A Deputación de Ourense remitirá a ABANCA semanalmente un ficheiro coa relación de persoas e o importe inicial que lle corresponde a cada unha e mensualmente un ficheiro coa recarga correspondente das tarxetas ata completar a cuantía total. Unhas tarxetas que ABANCA dará de alta e xestionará de modo que sexan totalmente independentes entre sí, cargando cada unha co saldo indicado polo goberno provincial. Posteriormente, remitirá en lotes as tarxetas á Deputación e serán enviadas inactivas, polo que no poderán operar ata que sexan activadas. A Diputación será, por tanto, titular de todas as tarxetas solicitadas e remitiráas ás persoas beneficiarias da axuda. As persoas usuarias destas tarxetas poderán coñecer o seu saldo a través de: www.damemisaldo.com; ou na rede de caixeros de ABANCA.

Para este programa, a Deputación de Ourense destina 450.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close