EconomíaEconomíaÚltima hora

Os produtores de castaña vianeses, alarmados polo avance da avespiña

María Páez, vogal de UUAA na IXP Castaña de Galicia, pedirá a través desta entidade unha reunión urxente coa Administración galega sobre este problema

A praga da avespiña do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus) avanza de maneira preocupante nos soutos vianeses. Así o destaca María Páez, produtora e vogal de Unións Agrarias (UUAA) do sector produtor na Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia. “O ano pasado a xeada mitigou un pouco a súa presenza, retrasou a floración e non se notou tanto, pero este ano vemos que a situación é preocupante e os produtores de Viana están alarmados”, engade.

Ante a esta problemática, María Páez adianta que ten previsto solicitar, a través da IXP Castaña de Galicia, unha reunión urxente coa Administración galega para que se lles informe das medidas que se están a tomar de cara a facerlle fronte a esta grave praga “que xa se sabía que ía a chegar e da que xa se coñecían as súas consecuencias en Italia. Tamén pensamos que a información aos produtores sobre este problema foi nula”. Páez resalta ademais a importancia económica que a producion de castaña ten para zonas do rural ourensán como Viana do Bolo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button