SanidadeÚltima hora

Os profesionais da Enfermería celebran o seu día

A primeira mesa redonda versou sobre a especialidade de Matrona.

Profesionais da Enfermería de toda a provincia déronse cita hoxe, 12 de maio, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, en Ourense, para celebrar o Día Internacional da Enfermería.

Baixo o lema “A enfermería na encrucillada dun novo século”, realizaron unha xornada con dúas mesas redondas. A primeira, que arrancou cara ás 10:15 horas, titulábase “Unha viaxe de máis de cen anos”, na que falaron sobre a profesión de matrona. A mesa estivo moderada por María José Feijóo, enfermeira e coordinadora do Servizo de Xinzo de Limia e na que participaron Marta Rial de la Torre, EIR Obstétricia-Xinecoloxía; Melania Fraga Deus e Patricia Milagros Otero, ERIS de FAMECOM; María José García Iglesias, enfermeira do servizo de Oncoloxía e vogal do comité de Ética do CHUO.

A segunda mesa foi ás 12:15 horas. E nela falaron sobre os mitos e a realidade da Enfermería actual. Moderada por Antonia García Josa, enfermeira supervisora da Unidade Laranxa do Hospital Comarcal de Valdeorras. Nela participaron María Elena González Iglesias, enfermeira do Centro de Saúde de A Valenzá e membro do grupo Ágora; Ana Belén Rodríguez Feijóo, enfermeira do CHUO e membro do grupo Ágora; Antón Gavela Gesto, enfermeiro xestor especialista en Saúde Mental; Miriam Vázquez Campo, enfermeira do CHUO e David Simón Lorda, médico especialista en Psiquiatría do CHUO e investigador en historia da sanidade.

O evento tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Artigos relacionados

Back to top button