SanidadeÚltima hora

Os profesionais sanitarios amosan a importancia de vacinarse contra a gripe

Na cidade de Ourense tiña lugar un acto promocional de vacinación contra a gripe
Profesionais sanitarios participantes neste acto promocional da vacinación contra a gripe.
Profesionais sanitarios participantes neste acto promocional da vacinación contra a gripe.

Vacinarse é o medio máis efectivo e seguro para que os maiores de 60 anos e os pacientes crónicos podan reducir os riscos de hospitalización e mortes derivadas das complicacións que a gripe produce na saúde. Así o destacaban os profesionais dos Centros de Saúde de Ourense e do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) nun acto de promoción de vacinación fronte á gripe celebrado o 25 de novembro en Ourense.

Nesta iniciativa participaban a responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Eloína Núñez, a subdirectora de enfermería e coordinadora da campaña de vacinación en Ourense, Montserrat Souto, os xefes de servizo dos Centros de Saúde A Cuña e Novoa Santos, José Luis López-Álvarez Muiño e Alberto del Alamo, os coordinadores de enfermería de A Ponte e Valle Inclán, Juan Modesto Fernández e Teresa Lindoso, e a xefa de Servizo de Medicina Preventiva do CHUO.

No que vai de campaña vacináronse en Ourense 62.000 persoas o que representa ao 53% dos maiores de 65 anos, poboación con alto risco de padecer complicacións graves

Nesta campaña Saúde Pública fíxase como obxectivo chegar a unha vacinación antigripal superior ao 35% dos ourensáns entre 60 e 64 anos e do 65% dos ourensáns maiores de 65. Para elo a campañe permanecerá activa ata o 20 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button