En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os promotores da II Mascarada Ibérica de Vilariño e Viana recollen o premio da Sociedade Española de Antropoloxía

A entrega deste galardón nacional en nacional en tradicións populares tiña lugar na noite do 17 de decembro en Madrid

Case un ano despois da celebración da II Mascarada Ibérica nos municipios ourensáns de Vilariño de Conso e Viana do Bolo, os promotores desta iniciativa recollían un galardón de carácter estatal. A Sociedade Española de Antropoloxía e Tradicións Populares, que preside Ramos Perea, acordaba por unanimidade concederlles o Premio Nacional de Tradicións Populares 2016 aos Concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo. Deste xeito recoñecían o seu “decidido impulso e apoio para a fermosa celebración da Mascarada Ibérica, concitando unha considerable participación cidadá”.

Ademais esta entidade concedíalles diplomas de honra á Comisión do Entroido 2016 de Viana e á Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso “pola extraordinaria organización da Mascarada Ibérica e polo seu moi meritorio e eficaz labor de concentración” en ambas localidades “doutros xeitos de concebir o Carnaval acadando unha gran beleza estética”.

Tanto os representantes destes concellos como os das comisións organizadoras recibían estes recoñecementos nun acto que se celebraba na noite do 17 de decembro en Madrid.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button