OurenseÚltima hora

Os propietarios de mascotas ourensáns aprenden sobre dereito animal

A través dun relatorio impartido pola especialista Irene Torre e o policía Francisco Cabello, os propietarios aprenderon como actuar en caso de situacións de maltrato
O relatorio versou sobre maltrato animal.

O domingo, 8 de outubro, a Asociación de Propietarios de Mascotas de ourensanas (APMOU), organizou para os seus socios e interesados unha xornada explicativa de sobre dereito animal, impartida pola especialista Irene Torre e o policía Francisco Cabello, onde solventaron as dúbidas para a correcta actuación ante casos de maltrato, accidentes e calquera situación que poida xurdir.

Tamén entregaron os premios do seu concurso de fotografía de verán.

En canto a actividades futuras, seguirán impartindo obradoiros e seminarios, tamén farán actividades con colexios e prepararán novas propostas para o vindeiro ano 2018.

 

Premiado do concurso de fotografía de verán en categoría canina.
Gañador do concurso de fotografía de verán en categoría gatuna.

Artigos relacionados

Back to top button