DeportesÚltima hora

Os protagonistas da Gala do Deporte do Barco, nun monográfico de O Sil

Páxinas especiais con información e imaxes dos deportistas galardoados polo Concello
Os galardóns entregados aos homenaxeados.
Os galardóns entregados aos homenaxeados.

Este ano o Concello do Barco de Valdeorras decidía homenaxear a máis de 50 deportistas locais en recoñecemento aos méritos, resultados e labor deportiva na tempada 2015. Así nacía a Gala do Deporte que se celebraba por todo o alto no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Atletas, futbolistas, nadadores, arqueiros, katatekas, piragüistas, técnicos e ata psicólogos deportivos. Dende a Concellería de Deportes, organizadora do evento, non esqueceron a ninguén e no Periódico O Sil tampoco. Por iso vén de sacar un monográfico, incluído nas páxinas do Especial Santa Rita, no que se fai un repaso por todos os homenaxeados, incluíndo asemade unha entrevista co concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso.

O concelleiro de Deportes Aurentino Alonso entregando un dos premios.
O concelleiro de Deportes Aurentino Alonso entregando un dos premios.
Público asistente á Gala do Deporte do Barco.
Público asistente á Gala do Deporte do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button