OurenseÚltima hora

Os químicos galegos animan aos estudantes de bacharelato de Ourense a participar na XXXV Olimpíada

As probas serán o 23 de marzo de forma simultánea en Santiago, A Coruña, Lugo, Vigo e Ourense
Juan Sanmartín, coordinador da Olimpíada e Manuel Rodríguez, decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia.

A Olimpíada Galega de Química cumpe 35 años. E para celebrar tan sinalado aniversario, a Asociación de Químicos de Galicia e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia (Colquiga) animan aos alumnos de química de bacharelato dos centros educativos da cidade de Ourense e de toda a provincia a participar neste reto. “Sentímonos especialmente orgullosos de ter sido fundadores das Olimpíadas de Química en España e queremos que os mozos e mozas que estudan química en bacharelrato se animen e se inscriban na XXXV Olimpiada Gallega de Química”, asegura Juan Sanmartín, químico docente, coordinador das seis últimas e da presente edición da Olimpíada e vicedecano sur do Colexio Oficial de Químicos de Galicia. para quen “participar nas probas é unha experiencia que paga a pena”.

Ademais, a organización quere tamén animar e convidar tamén aos alumnos de todos os centros educativos de Galicia a presentarse á XXXV Olimpíada Galega de Química 2017. As probas de selección celebraranse simultaneamente en cinco cidades galegas: Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Serán o 23 de marzo ás 16:30 horas.

A inscrición está aberta ata mañá 13 de marzo. O alumnado interesado pod apuntarse a través da secretaría do seu centro educativo e tamén a título particular cubrindo un formulario que poden descargar en www.colquiga.org (Olimpiada química) e remitindóo á secretaría da Asociación de Químicos de Galicia (vía email: olimpiadagallega@colquiga.org, fax: 986437915 ou postal: Urzáiz, 1-2º dcha. 36201 Vigo).

Artigos relacionados

Back to top button
Close