OurenseÚltima hora

Os químicos galegos buscan aos mellores alumnos de Ourense

As probas de selección da XXXV Olimpíada celébranse mañá, 23 de marzo, na Facultade de Ciencias

A través da XXXV Olimpiada Galega de Química 2018, a Asociación de Químicos de Galicia e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia buscan aos mellores alumnos en química dos centros educativos da comunidade (de Bacharelato e ESO de excelente capacidade). As probas realizaranse mañá, venres 23 de marzo, de forma simultanea nas cidades da Coruña, Lugo, Santiago, Vigo e Ourense. Na cidade das Burgas será na Facultade de Ciencias.

A proba consistirá en dous exercicios. O primeiro, de 16:30 a 17:30 horas, abordará a resolución de cuestións tipo test. O segundo, de 18 a 19 horas, plantexará a interpretación dun suposto práctico de laboratorio. Un tribunal único para todas as demarcacións universitarias evaluará os exercicios e proclamará os vencedores. Os alumnos clasificados nos tres primeiros postos por cada un dos distritos universitarios (A Coruña, Santiago e Vigo) recibirán un diploma.

Artigos relacionados

Back to top button