ConcellosÚltima hora

Os Radioafeccionados de Trives e Radio Club Fene, representación galega en Iberradio 2019

Unha vintena de membros de ambas entidades acudían a esta mostra celebrada en Ávila na pasada fin de semana

Do 14 ao 15 de setembro unha vintena de membros de Radio Club Fene EA1RKF e Radioaficionados RCP A Proba de Trives desprazábanse ata Ávila para participar en Iberradio 2019, considerada a feira máis importante da radioafección española.

Durante dous días coñecían as principais novidades deste ámbito e os novos equipos que están saíndo ao mercado, ademais de poder relacionarse e reunirse con radioafeccionados de diferente puntos de España. Paralelamente á exposición, tamén se daban charlas informativas sobre diversos temas.

Fotos cedidas por Radio Club Fene EA1RKF e Radioaficionados RCP A Proba de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button