ConcellosÚltima hora

Os Radioafeccionados de Trives participaban no 17 Merca-Radio Fene

A xornada incluía un xantar de confraternidade e unha charla formativa sobre satélites

Publicidade

 

É moito máis que unha exposición e venda de equipos novos e usados, o Merca-Radio Fene tense convertido nun punto de encontro e nunha xornada de confraternización para radioafeccionados de diferentes partes de Galicia e mesmo de fóra da comunidade, como é o caso de Oviedo. Entre os asistentes á súa 17ª edición estaban membros dos Radioafeccionados RCP A Proba de Trives, que participaban nas diversas actividades do encontro.

Este evento tiña lugar na xornada do 28 de setembro no Local Social do Radio Club Fene. Ás 10:30h. abríase o mercado e, ao longo da mañá, prodecíase ao sorteo de diverso tipo de material relacionado co mundo da radioafección, incluíndo tamén no pograma un acto de entrega de premios e un balance das actividades realizadas neste ano por parte desta entidade coruñesa.

A partires das 14:30h. estaba previsto, nun local próximo, o xantar de confraternización entre todos os asistentes cun menú a base de pulpo á rella, churrasco e, como sobremesa, melindres de dona Geluca. Ademais durante o xantar procedíase ao sorteo de botellas de viño.

A xornada continuaba coa exposición e venda de material (ata as oito da tarde) e tamén cunha charla-taller e práctica de sátelites da man de EA1TA e EB1HBK.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button