CulturaCulturaÚltima hora

Os rapaces de Sober ilustrarán o novo libro de Antón Valcarce

Este escritor vén de participar nas "Merendas con contos" que organiza o Concello de Sober

 

O escritor Antón Valcarce era o convidado das “Merendas con contos” que organizaba o Concello de Sober o venres 17 de xaneiro. No decurso desta actividade presentaba ante os máis pequenos o seu libro “Troitiña”, que será publicado en breve. A súa filla, Nadia, leu a fermosa historia.

Ademais na súa visita Valcarce propuxo que sexan os pequenos e pequenas das “Merendas con contos” os que ilustren o seu novo libro. Serán 4 ou 5 ilustracións que acompañarán o texto dun conto que se espera estea nas librerías no mes de abril.

Desde o Concello de Sober agradecen esta oportunidade e felicitan ao escritor polo seu novo traballo, que agardan sexa moi exitoso.

Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button