SanidadeÚltima hora

Os rapaces ingresados no CHUO reciben xoguetes do proxecto “Fabricando Sorrisos”

Esta iniciativa, levada a cabo polo centro de coñecementos La Molinera de Ourense, pretende, partía do reto de facer 100 xoguetes con dúas impresoras 3D

O vestíbulo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) acollía, na mañá de hoxe, 4 de xaneiro, a presentación do proxecto “Fabricando Sorrisos”, unha iniciativa levada a cabo polo centro de coñecementos “La Molinera” de Ourense, que pretendía facer 100 xoguetes para os rapaces ingresados na Unidade de Pediatría do CHUO. “Un obxectivo que acadamos con creces” dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que tamén acudiu a este evento. En concreto, a marxe de tempo que tiñan para fabricar estes xoguetes era de 14 días, especificou o rexedor.

No lugar estiveron presentes tanto o concelleiro de Promoción Económica -da que depende La Molinera-, Jorge Pumar; o xerente da EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Dionisio López, así como diferentes xefes das unidades do Complexo ourensán.

Outra das sorpresas de hoxe tamén foi a presenza nesta entrega de xoguetes aos máis pequenos de Luís Cepeda, o concursante ourensán do programa de Televisión Española, Operación Triunfo, que foi expulsado na gala celebrada o pasado martes, 2 de xaneiro.

Fotos: Carlos Asensio.

 

Artigos relacionados

Back to top button