OurenseÚltima hora

Os rapaces do Mestre Vide ofrecen un recital de Carlos Casares na rúa do Paseo no Día do Libro

A céntrica rúa transformosue nun gran escenario literario para celebrar o Día do Libro con postos de venta dos libreiros da capital

A rúa do Paseo de Ourense converteuse hoxe, 24 de abril, nunha libraría ao aire libre. Os libreiros da capital colocaron os seus postos e o lugar foi un ir e vir continuo de curiosos que se achegaban a ver as novidades ou os clásicos que ofertaban.

Tamén se quixeron sumar a esta iniciativa o medio centenar de alumnos de sexto de Primaria do Colexio “Mestre Vide” do barrio ourensán de As Lagoas, ofreceron un pequeno recital no que leron textos de Carlos Casares, o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Concretamente, os alumnos de sexto A leron o conto “Vou quedar cego” e os de sexto B, “A rapaza do circo”. Finalmente, todos xuntos leron famoso relato de “A galiña azul”.

O recital trouxo a numeroso público que andaba pola rúa e tamén se sumaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acompañado pola concelleira de Cultura, Belén Iglesias; o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, ou o delegado de Defensa en Ourense, Gustavo Doncel. Tras o acto, o trío vigués “xardín Desordenado” ofreceu un recital de textos con música de poetas galegos, incluíndo algún de Carlos Casares.

Segundo afirmou o presidente da Agrupación Provincial de Libreiros, José Manuel García Mosquera cualificou de “éxito” a xornada tanto nas librarías como nos postos ubicados no Paseo. As compras dos libros están bonificadas, hoxe, un 10% de desconto e cada comprador recibía un agasallo, como un caravel, por exemplo. Tamén Jesús Vázquez amosouse optimista coa celebración deste día: “queriamos que fose moi participativo e por iso convidamos aos centros a que fixesen este recital”. Por outra banda reiterou que foi unha boa idea o de trasladar o día do libro do 23 ao 24 por petición dos libreiros, ao ser o día 23 domingo.

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button