DeportesÚltima hora

Os récords internacionais do atleta valdeorrés Luis Nogueira, lembrados pola FGA

Luis Nogueira cunha das súas medallas mundiais como veterano./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

A Federación Galega de Atletismo (FGA) abría o 27 de outubro, a través das súas redes sociais, unha nova sección titulada “Especial Récords Internacionais do Atletismo Galego”, no que se fai un recoñecemento e unha lembraza a diferentes e destacados atletas galegos.

O capítulo III desta sección, publicado neste 3 de novembro, está dedicado a Luis Nogueira, lanzador de xavelina natural de San Vicente (Vilamartín de Valdeorras) e que vestiu a camiseta do Club Adas do Barco durante décadas. Foi varias veces campión do mundo máster nesta disciplina, a primeira en agosto de 2005 no XVI Campionato do mundo de atletismo Masters Stadia en San Sebastián. Daquela estaba na categoría M-45.

 

 

Logo virían outros dous ouros máis e dúas pratas en catro campionatos do mundo, ademais de numerosos títulos nacionais e galegos, xunto con marcas de referencia. É precisamente nos récords internacionais de Luis Nogueira nos que incide a FGA na súa sección.

Artigos relacionados

Back to top button