ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Os recursos naturais e patrimoniais de Viana, no número de agosto do Sil

A información inclúese dentro da nova sección "O verán en...", que se estrea nesta edición

Fragmento da información sobre as festas de Viana do Bolo.

 

Este ano, o Concello de Viana do Bolo celebra as súas festas dunha forma atípica. A pandemia provocada polo coronavirus impediu que a praza Maior se enchese de xente para desfrutar da verbena. Non obstante, esta localidade do oriente ourensán ofrece un gran número de recursos naturais e patrimoniais para desfrutar o verán.

 

A información de Viana do Bolo na sección “O verán en…”.

 

Esta información pódese consultar ao completo na edición física do periódico O Sil, nunha nova sección estreada este mes de agosto chamada “O verán en…” e que ofrece diversas informacións da Rúa, Manzaneda, O Barco, Quiroga e Viana do Bolo. O periódico xa pode adquirirse en librarías e quioscos da contorna.

Artigos relacionados

Back to top button
Close