DeportesFútbolÚltima hora

Os refuxiados ucraínos de Río, Trives e Manzaneda reciben material deportivo do RC Deportivo

Publicidade

 

O Estadio de Riazor (A Coruña) convertíase esta mañá en escenario do acto de entrega  de material deportivo do Club destinado aos refuxiados ucraínos nos concellos ourensáns de San Xoán de Río, Pobra de Trives e Manzaneda por parte da Fundación RC Deportivo e Kappa.

“A Fundación RC Deportivo e Kappa quixeron colaborar con esta iniciativa achegando material deportivo para os máis pequenos, que ademais tiveron a oportunidade hoxe de coñecer o Estadio ABANCA-RIAZOR, a cidade da Coruña e a Casa dos Peixes”, tal e como indican dende a entidade. Á fronte da expedición atopábase o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua, que encabeza este proxecto de acollida de refuxiados.

Eduardo Blanco en nome do consello de administración do RC Deportivo e da súa Fundación; e Fran González Pérez, exerceron como anfitrións neste día especial para estes case 60 refuxiados ucraínos en Ourense.

Fotos: RC Deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button